19/10/2026
馃崉馃煫 O pasado sábado gozamos dunha xornada de natureza e aprendizaxe coa celebración do primeiro roteiro micolóxico deste outono, que contou coa asistencia de todas as persoas inscritas. 馃ゾ
Comezamos cunha introdución teórica ao fascinante mundo dos fungos para, a continuación, saír ao monte e poñer en práctica o aprendido.
馃崅 Aínda que as condicións desta tempada non están a favorecer a aparición habitual de cogomelos, conseguimos descubrir diferentes especies, tanto comestibles como tóxicas, de variadas formas e cores.
馃挌 Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese e por compartir esta experiencia de descubrimento e respecto pola nosa contorna natural.
E isto non remata aquí! Pronto teremos unha nova oportunidade para seguir descubrindo os nosos montes. 馃崉
Fuente: Concello de Mondariz
M谩is informaci贸nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estad铆sticos sobre h谩bitos de navegaci贸n. El uso de cookies es necesario para la notificaci贸n de incidencias. Si contin煤a navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener m谩s informaci贸n, o bien conocer c贸mo cambiar la configuraci贸n, en nuestra Pol铆tica de cookies