Noticias y alertas

🎥 Nova sesión do Ciclo Mestre Mateo.

13/10/2026

🎬Dende o Concello de Mondariz continuamos achegando o cinema galego ás súas parroquias cunha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo.

Nesta ocasión proxectaranse:
🎞️ «Nuno», unha curtametraxe para todos os públicos.

💠Nuno é un bebé querido polos seus pais. Todos esperan que comece a falar, pero el non sabe de que xeito facelo. Mentres observa o mundo ao seu arredor decide tomalo con calma.

🎥 «Ao son da nova regueifa», un documental apto para todos os públicos.

💠 Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.

📅 Venres 16 de outubro.
🕗 Ás 20:00 horas.
📍 Casa Cultural de Meirol.

Convidámosvos a participar e a gozar dunha nova xornada dedicada ao talento e á cultura audiovisual de Galicia.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies