Noticias e alertas

📢 O CIM Móbil chega a Mondariz.

14/09/2026

💠 O vindeiro día 18, a Praza de España acollerá este servizo itinerante da Xunta de Galicia, creado para achegar información, asesoramento, atención e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres aos concellos que non dispoñen dun Centro de Información á Muller propio.

O servizo está dirixido ás mulleres que o precisen e tamén a calquera persoa que busque orientación ou información relacionada coa prevención e atención da violencia de xénero.

📅 18 de setembro

📍 Praza de España

🕘 De 9:00 a 14:00 h

Un recurso próximo, profesional e confidencial para facilitar o acceso á atención e ao acompañamento especializado.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies