05/06/2026
💠 Veciños e veciñas, a noite máis máxica do ano está ao caer. Para que todas e todos poidamos desfrutar con seguridade e boa convivencia, o Concello de Mondariz quere lembrarvos algunhas normas importantes.
📋 Se tes previsto facer fogueira ou sardiñada, debes presentar a túa solicitude antes do 19 de xuño ás 14:00 h, facendo constar os teus datos persoais, a localización exacta e un teléfono de contacto.
🏛️ Podes facelo: — Online: mondariz.sedelectronica.gal — Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello (luns a venres, de 9:00 a 14:00 h)
🔥 Recorda: — A fogueira debe distar mínimo 15 metros de edificacións e árbores — Só se permite leña e madeira. Prohibido plásticos, pneumáticos, aceites ou acelerantes — A fogueira debe permanecer vixiada ata a súa total extinción — Hora límite: 03:30 h da madrugada — Limpeza obrigatoria do espazo ao remate
☎️ Servizo de extinción de incendios: 012
Que a noite de San Xoán sexa inesquecible para todo Mondariz. 💙🔥
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies