Noticias y alertas

🎶 Mondariz estivo presente en Culturgal 2025

02/12/2025

🔹 Este domingo celebrouse en Pontevedra unha nova edición da Feira Culturgal, que volveu ser todo un éxito de participación e cultura. O Concello de Mondariz contou cunha representación moi especial: as Pandereteiras de Toutón, que formaron parte do acto “As mozas da miña aldea”, iniciativa na que participan diferentes pobos da provincia.

Toutón, coñecido polos seus seráns e pola forza das súas pandereteiras, volveu demostrar o talento e a tradición que o converten nun referente da nosa identidade cultural.

💘 Ademais, durante o evento anunciouse unha data moi agardada: a XXX Edición do Serán dos Namorados de Toutón, celebraráse o 14 de febreiro, unha xornada única que promete emoción, música e tradición.

👉 Grazas ás nosas pandereteiras por levar o nome de Mondariz tan alto e por manter viva a nosa cultura.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies