Noticias e alertas

🔹 O Concello de Mondariz recibe unha subvención da Deputación para revisar a numeración e o nomenclátor municipal

20/06/2025

1️⃣ O Concello vén de finalizar os traballos de revisión da numeración dos edificios e do nomenclátor de rúas e lugares de Mondariz, grazas a unha subvención de 11.979 euros concedida pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023.

O Concello de Mondariz completou recentemente o proxecto de revisión da numeración e do nomenclátor municipal, unha actuación que tiña como obxectivo mellorar a orde e coherencia na identificación das vivendas e vías tanto no núcleo urbano como nas parroquias do termo municipal.

Estes traballos foron posibles grazas a unha subvención por importe de 11.979 euros, concedida pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2023, e foron executados pola empresa TEC – Taller de Estratexias Cidadás.

A revisión inclúe a actualización da numeración das edificacións, a delimitación precisa dos asentamentos rurais e urbanos, así como a proposta de nomeamento e renomeamento de rúas e lugares, todo en base a traballos de campo e cartografía operativa. Ademais, levouse a cabo un cruzamento de múltiples fontes de datos municipais (padrón, lixo, auga, sumidoiros, IBI…) para garantir unha numeración unificada e funcional en todos os rexistros oficiais.

Este proxecto responde á obriga legal dos concellos de manter actualizados os padróns municipais, permitindo unha mellor coordinación entre os distintos servizos administrativos e unha atención máis eficiente á cidadanía.

Cómpre sinalar que, a pesar de que o traballo técnico está xa completado, a proposta de novo nomenclátor deberá ser aprobada pola corporación municipal antes de entrar en vigor, paso necesario para facer efectiva a nova numeración e denominación dos viais.

Con esta actuación, Mondariz dá un paso importante cara á modernización e mellora da xestión territorial, garantindo maior precisión e utilidade nos datos municipais, en beneficio de todos os veciños e veciñas.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies