Noticias e alertas

📢 TOD@S DEBERIAMOS SER FEMINISTAS

24/03/2025

🟣 TOD@S DEBERIAMOS SER FEMINISTAS – Unha chamada á igualdade real

"O problema cos roles de xénero é que nos din como teriamos que ser, no canto de recoñecer como somos."

Con claridade, ironía e moita lucidez, Chimamanda Ngozi Adichie explora neste ensaio que significa ser feminista no século XXI e por que o feminismo non é só cousa de mulleres, senón unha causa de toda a sociedade. A través da súa propia experiencia e exemplos de desigualdade que persisten no mundo actual, a autora convídanos a reflexionar, cuestionar e actuar.

Por que ler este libro?

Porque ofrece unha definición accesible e contundente do feminismo.

Porque desmonta prexuízos e dá ferramentas para un mundo máis xusto.

Porque a igualdade de xénero non é unha opinión, é un dereito.

Un ensaio curto, directo e imprescindible para abrir os ollos. Porque feminismo non significa odiar os homes, senón crer na igualdade. E iso, deberíamos querelo tod@s!

O poden atopar na Biblioteca Xoán X. Pérez Labaca de Mondariz

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies