Noticias e alertas

Representación teatral "Que din as rumorosas"

07/05/2024

🎭 Este sábado día 11 de maio, volve o Teatro a Mondariz!.

A compañía Maquinarias Teatro presenta a obra "QUE DIN AS RUMOROSAS" protagonizado por cinco actrices e unha bailarina, Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Carmen Cotelo e Caterina Barro.

Trátase dunha creación colectiva das seis intérpretes dirixida por Paula Carballeira Cabana. Unha comedia coral sobre como ser artista... e ao mesmo tempo muller. Para iso, as intérpretes métense na pel doutras seis recoñecidas artistas galegas, como Maruxa Villanueva, Maruja Mallo, Eugenia Osterberger, Mercedes Mariño, María Balteira e A Bela Otero, mulleres senlleiras da historia de Galicia.

Neste cóctel de amor e humor as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE E DA CULTURA COMO CAMIÑO INEVITABLE.

Antes da súa estrea, o proxecto gañou o premio Luisa Villalta a Proxectos pola Igualdade. A montaxe foi posible grazas á campaña de micromecenazgo que con éxito impulsou en 2022 a compañía Maquinarias Teatro.

Esta obra está incluída no Programa "Maio, o Mes da Nosa Lingua" organizado polo Concello de Mondariz.

A partir das 21.00h, o Auditorio Municipal de Mondariz acollerá a todas aquelas persoas que queiran desconectar e gozar da Cultura cun espectáculo cómico e comprometido.

As portas abriranse media hora antes.

A entrada é de balde ata completar cabida.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies