Noticias e alertas

Contacontos teatralizados: "A nena do violino e a poesía"

14/05/2024

🎭 O vindeiro venres 17 de maio ás 18:00 recibimos no Auditorio de Mondariz á compañía Trémola teatro cunha actividade infantil moi especial coa que coñeceremos mellor a Luisa Villalta.

Vide descubrir a súa fascinante historia nun percorrido desde a súa infancia, na que estaba inseparablemente unida á súa “violino”, ata o día no que descubriu o seu primeiro libro de poesía.

A medida que crecía, Luisa Villalta enfrontábase a novas realidades que non lle gustaban moito e por iso decidiu que tentaría cambiar o mundo. Queres coñecer todo o que fixo para que o mundo fose un lugar mellor? Acompáñanos nesta viaxe pola vida e a obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies