13/03/2023
🎭 Este sábado, 18 de marzo, preséntase na parroquia de FRADES o segundo OBRADOIRO DE TEATRO COMUNITARIO da terceira edición desta iniciativa municipal. A actividade sociocultural non supón custos adicionais para as participantes. Malia estar aberta a persoas que non residan na parroquia, céntrase na recuperación da memoria local a través das artes escénicas.
Con Meirol e Frades, xa son seis as parroquias do Concello de Mondariz onde se teñen realizado obradoiros de teatro comunitario desde outubro de 2021. Nesta edición, Giovanni Peixoto, creador escénico e veciño da parroquia de Lougares, toma o relevo de Sara Guerrero como coordinador da actividade.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies