02/05/2025
💡
Tes unha idea para un proxecto no rural e non sabes por onde comezar? Este venres 2 de maio ás 19:00 h na Biblioteca Municipal de Mondariz, celébrase unha reunión informativa sobre as Axudas LEADER 2025, organizada polo GDR Terras do Avia.
Se es persoa física ou xurídica e estás pensando en poñer en marcha ou mellorar un proxecto no noso concello, esta charla pode interesarche.
Explicaranse:
– Que tipo de proxectos poden optar ás axudas
– Quen pode solicitalas
– Cantidade e porcentaxes de subvención
– Como se presenta a solicitude
Achégate sen compromiso, infórmate e dálle forma ao que levas tempo querendo facer.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies