13/03/2025
🩸 O bus de doazón de sangue chega a Mondariz!
O xoves 20 de marzo, a Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará en rúa Miguel Ángel Blanco s/n (diante do Centro Social) para que poidas achegar o teu gran de area e salvar vidas.
Data: Xoves 20 de marzo
Lugar: Rúa Miguel Ángel Blanco s/n (diante do Centro Social)
Horario:
De 10:00 a 14:00 h
De 16:00 a 21:00 h
Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. A túa doazón pode marcar a diferenza!
Infórmate sobre os requisitos para doar aquí: máis info
Faite doador! Doa sangue, salva vidas!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies