29/01/2025
🎭 O espectáculo "𝐁𝐨𝐚 𝐬𝐨𝐫𝐭𝐞, 𝐌𝐚𝐥𝐚 𝐟𝐚𝐦𝐚" da compañía Tarabela Creativa chega ao Auditorio Municipal de Mondariz o sábado 8 de febreiro ás 21.00 horas.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos: acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv).
Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.
Este espectáculo dirixido a 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨 (+𝟏𝟔) está subvencionado pola Deputación Pontevedra a través do seu programa + Escénicas.
𝐀 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐬𝐞𝐫á 𝐝𝐞 𝐛𝐚𝐥𝐝𝐞 𝐚𝐭𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐚𝐫 𝐜𝐚𝐛𝐢𝐝𝐚.
Sábado 8 de Febreiro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Mondariz
Fuente: Omix Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies