Noticias e alertas

CINEMA DE NADAL EN MONDARIZ

26/12/2024

Este venres, 27 de decembro, vén ao Auditorio Municipal de Mondariz e desfruta da película "La Navidad en tus manos", unha historia chea de humor, maxia e moita emoción!

Sinopse:

A poucos días de Nadal, Papá Noel ten un accidente no centro de Madrid e acaba no hospital. O seu compañeiro de habitación, Salva, un buscavidas con poucas ganas de repartir agasallos, vese obrigado a substituílo. Para poder recuperar á súa familia, Salva deberá atopar os renos, aprender a voar en trineo e, sobre todo, descubrir o significado de ser boa persoa.

Recomendada para maiores de 7 anos.

Data: Venres, 27 de decembro

Hora: 18:30 horas

Lugar: Auditorio Municipal de Mondariz

Entrada libre ata completar aforo.

Non perdas esta oportunidade de compartir unha tarde de cinema coa familia e entrar no espírito do Nadal. Agardámoste!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies