07/11/2024
🎶 Mañá venres día 8 de novembro, as Pandereteiras de Toutón e Nume Producións organizan un Serán a partir das 20.30 horas na Casa Cultural de Toutón, no que se presentará o disco "VINDE TODAS" de Carme López Fernández "Carmela".
Nesta actividade colaboran a Comunidade de Montes de Toutón e a Asociación Cear Castromao Grupo Folclórico.
"Carmela" é un proxecto musical que basea o seu repertorio na
música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión
de man como elementos definitorios.
O disco “Vinde todas” reflexiona sobre a necesidade de visibilización das informantes a través da propia música e outros conceptos que a abrazan:
- O inicio e peche do disco recollen as conversas e cantos en Moscoso e Toutón, respectivamente, reflexo da importancia do discurso para comprender a música.
- Cada unha das cancións do disco leva como título principal o nome da ou das mulleres a través das que se coñeceu a melodía arranxada.
- Entre as colaboracións do disco destacan a das 𝐏𝐚𝐧𝐝𝐞𝐫𝐞𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐓𝐨𝐮𝐭ó𝐧 (informantes en activo) e as Titiriteiras da ACF Tarambainas (mostra da interxeneracionalidade da música de tradición oral galega).
As actuacións de "Petís de Castromao" (Mondariz) e as "Pandereteiras de Toutón"amenizarán a velada e despois haberá foliada aberta para toda aquela persoa que queira disfrutar deste momento.
Fuente: Omix Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies