06/11/2024
🖋 Mañá xoves día 7 de novembro o Concello de Mondariz da mán de #Falaredes, programa que Política Lingüística da Xunta de Galicia pon en marcha en concellos e entidades adscritos na #redededinamizaciónlingüística, leva ao CPI de Mondariz un obradoiro de banda deseñada, cunha nova proposta de dinamización do uso da lingua galega.
Neste obradoiro dirixido á mocidade, Manel Cráneo, quen ademáis coortdina o proxecto, e Xavier Alcalá falarán da súa novela "𝐀 𝐍𝐎𝐒𝐀 𝐂𝐈𝐍𝐙𝐀". Explicarán o proceso creativo de adaptación da mesma á banda deseñada.
A obra percorre os anos da ditadura desde a mirada inocente de Xoán, rapaz que pasa da infancia á adolescencia marcado pola situación social da época: primeiras amizades, primeiros amores, primeiros desenganos na vida e o constante peso da represión educativa e relixiosa. Unha obra vixente que acada unha nova vida no formato de novela gráfico editado por Demo Editorial.
Fuente: Omix Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies