06/11/2024
π O Concello de Mondariz, dentro do seu programa de actividades ao que denominou "Mondariz con M de Muller", para conmemorar o πππ πππ πππππππππππππ ππ πππππππππππ ππ πππππππππ ππππππ π ππππππ ofrece este sábado día 9 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal o monólogo de Arantxa Treus "πΊπππ π
éπππ, π πππππππ".
Arantxa Treus non ten pelos na lingua. Neste divertido monólogo mostrará a súa faceta máis cómica narrando algunhas vivencias, anécdotas e miserias da súa propia vida e das alleas, deixando claro como ser muller e non morrer no intento. Un show de comedia na que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres. Só apto para homes e mulleres que desexen rir a gargalladas.
Arantxa Treus é unha actriz galega e natural de Vigo. Arantxa é unha artista versátil como o mostran as súas numerosas participacións e invitacións a participar en cada vez máis proxectos de diversos xéneros. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que Arantxa desenvolve no seu traballo como actriz. Coñecida pola súa participación en programas de TV e series como “Serramoura”, “Fariña” ou “Gondar”.
Se queres gozar dun espectáculo moi divertido onde non pararás de rir, tes unha cita no Auditorio Municipal de Mondariz este sábado 9 de novembro a partir das 21.00 horas.
Fuente: Omix Mondariz
MΓ‘is informaciΓ³nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies