Noticias y alertas

📢O CONCELLO DE MONDARIZ ABRE UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF)

26/11/2026

O Concello de Mondariz vén de publicar as bases para a formación dunha bolsa de emprego de auxiliares para o Servizo de Axuda no Fogar, mediante o sistema de concurso-oposición.

🤝Buscamos persoas interesadas en incorporarse a un servizo esencial para a nosa veciñanza, prestando apoio e atención ás persoas que máis o necesitan e contribuíndo a que poidan continuar vivindo nos seus fogares coa maior autonomía e calidade de vida posible.

📝As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria, cos requisitos de participación e as condicións do proceso selectivo, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mondariz.

⏳O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de decembro.

📣Se estás interesado/a, anímate a participar! E se coñeces a alguén a quen lle poida interesar esta oportunidade, comparte esta publicación para que chegue ao maior número posible de persoas.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies