Noticias y alertas

🍱🥗III Ruta Mondarincho

20/11/2026

🥗Así arrancou a III Ruta Mondarincho🍱

Hoxe ás 12:00 h, na Praza de Abastos, presentamos a III Ruta Mondarincho. Seis locais de Mondariz, seis pinchos e moitas ganas de que comece a ruta.

Esta tarde, de 20:00 a 22:00 h, xa podes empezar a degustar. E volve todos os venres e sábados ata o 8 de decembro, a 3 € o pincho.

Estes son os pinchos que che esperan en Mondariz:

  • Bar Sevilla: Ameixas mariñeira
  • Cafetería Bar Milay: Solombo de porco con salsa á pementa con arroz
  • Bar O Andén: Tosta de salsa de vieira e mexilón
  • A Mini: Garbanzo de vixilia ou cuaresma
  • Restaurante-Pizzería O Castelo: Saquiño de langostino con curry e mango
  • Tapería da Rúa: Ovos recheos de sobrasada e mel

Sela o teu cartón, proba os pinchos e vota polo teu favorito. Con 4 selos optas aos agasallos, e con 6 entras no sorteo de dous vales de 100 € para o comercio local.

Aquí tes o mapa para planificar a túa ruta:
https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1_JFuHg0byjD9oaU93K3Ly-FYScEyPg4&hl=es&ll=42.23565910000001%2C-8.457883099999995&z=14

Dinos nos comentarios por onde vas empezar.😋

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies