Noticias y alertas

🎥 Ciclo Mestre Mateo en Toutón

18/11/2026

💠Seguimos achegando o cinema galego ás nosas parroquias, nesta ocasión coa proxección de «As liñas descontinuas», unha película escrita e dirixida por Anxos Fazáns, protagonizada por Mara Sánchez e Adam Prieto.

📅 20 de novembro

🕗 Ás 20:00 h

📍 Antiga escola de Toutón

🎬 Sinopse: Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.

🔸 Non recomendada para menores de 12 anos.

🍿 Unha nova oportunidade para desfrutar do talento audiovisual galego e compartir cultura en comunidade.

Agardámosvos!

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies