Noticias e alertas

🥋 OBRADOIROS GRATUÍTOS DE AUTODEFENSA PERSOAL FEMININA EN MONDARIZ 💜

13/11/2026

📢 O Concello de Mondariz organiza dous obradoiros gratuítos de autodefensa persoal dirixidos a rapazas a partir dos 12 anos e mulleres adultas.

Unha oportunidade para adquirir ferramentas básicas de autoprotección, gañar seguridade e confianza, aprender a poñer límites e xestionar situacións de medo.

📅 DATAS DOS OBRADOIROS:

Sábado, 28 de novembro

Sábado, 5 de decembro

⏰ Horario: De 10:30 a 14:00 h.
📍 Lugar: Aula da Biblioteca Municipal de Mondariz.

📝 PRAZOS DE INSCRICIÓN:

Para o obradoiro do 28 de novembro: do 16 ao 26 de novembro.

Para o obradoiro do 5 de decembro: do 23 de novembro ao 3 de decembro.

⚠️ As prazas son limitadas.

Como inscribirse?
💻 Sede Electrónica: https://mondariz.sedelectronica.gal/
🚶 Presencialmente no Concello, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

ℹ️ Máis información:
OMIX Mondariz – 680 964 461
omix@mondariz.gal

Esta actividade forma parte do programa «Mondariz con M de Muller», coa colaboración da Deputación de Pontevedra, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

💜 A túa seguridade tamén se aprende. Anímate a participar!

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies