19/10/2026
🍄🟫 O pasado sábado gozamos dunha xornada de natureza e aprendizaxe coa celebración do primeiro roteiro micolóxico deste outono, que contou coa asistencia de todas as persoas inscritas. 🥾
Comezamos cunha introdución teórica ao fascinante mundo dos fungos para, a continuación, saír ao monte e poñer en práctica o aprendido.
🍂 Aínda que as condicións desta tempada non están a favorecer a aparición habitual de cogomelos, conseguimos descubrir diferentes especies, tanto comestibles como tóxicas, de variadas formas e cores.
💚 Grazas a todas as persoas participantes polo seu interese e por compartir esta experiencia de descubrimento e respecto pola nosa contorna natural.
E isto non remata aquí! Pronto teremos unha nova oportunidade para seguir descubrindo os nosos montes. 🍄
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies