Noticias y alertas

🍄 I Roteiro Micolóxico polos Montes de Mondariz

05/10/2026

🍂 Coa chegada do outono, convidámosvos a descubrir a riqueza micolóxica dos nosos montes nunha xornada para aprender, camiñar e gozar da natureza. 🌿🥾

📅 Sábado 17 de outubro

🕙 10:00 h

📍 Saída desde a Biblioteca Municipal de Mondariz

👥 Recomendado para persoas a partir dos 10 anos.

📝 Inscricións do 6 ao 15 de outubro ou ata esgotar prazas.

Podes inscribirte de dúas formas:

1️⃣ Online na sede electrónica do Concello:

📲 mondariz.sedelectronica.gal

🔍 Busca o formulario “Roteiro Micolóxico polos montes de Mondariz”.

💡 Precisarás DNI electrónico, certificado dixital ou Cl@ve.

2️⃣ Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello:

🕘 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

✍️ Cubrindo o formulario dispoñible nas oficinas municipais.

⚠️ Lembrade levar roupa e calzado axeitados para o percorrido.

📞 Máis información: 986 664 306

🍂 Agardámosvos para descubrir os tesouros que agochan os montes de Mondariz!

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies