Noticias y alertas

🏞️ Recuperación e mellora da Praia Fluvial do Val

14/08/2026

🌿Luz verde!💧 Dende o Concello de Mondariz, vimos de formalizar coa Deputación de Pontevedra o convenio que permitirá facer realidade a recuperación e mellora da Praia Fluvial do Val, cun investimento total de 780.000€.

⭐ O proxecto permitirá renovar as instalacións deportivas, mellorar as sendas e a iluminación, recuperar espazo de ribeira, reforzar a seguridade peonil e crear novos servizos como zona infantil, área de asadores, aseos, vestiarios e un punto de recepción para visitantes e deportistas ✔️ Todo isto cunha actuación respectuosa co entorno e pensada para integrar aínda máis este espazo na natureza que o rodea.

🏆 Melloramos a praia fluvial pero, sobre todo, recuperamos no proceso un dos lugares máis queridos de Mondariz, e o preparamos para o futuro: máis accesible, máis seguro, máis vivo e con máis posibilidades para o deporte, o lecer e o encontro.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies