11/06/2026
🗳️ Tras a participación veciñal no primeiro sistema de votacións impulsado polo Concello de Mondariz, onte quedaron aprobados no Pleno Municipal os dous festivos locais para o ano 2027.
📊 Os resultados da consulta foron os seguintes:
✅ Luns 16 de agosto (Festas de Mondariz) — 41,3%
✅ Martes 18 de maio (Despois do día da Franqueira) — 40,9%
▪️ Venres 10 de decembro (Santa Eulalia) — 10,1%
▪️ Mércores 23 de xuño (San Xoán) — 7,7%
Dende o goberno municipal queremos mostrar a nosa satisfacción polo resultado desta iniciativa. A proposta de impulsar un sistema de votación cidadá para decidir os festivos locais, que levamos ao Pleno para a súa aprobación, foi amplamente respaldada pola veciñanza con 208 participantes. Estamos moi orgullosos de que Mondariz sexa un concello que escoita á súa xente. 💙
Queremos agradecer a colaboración e implicación de toda a veciñanza nesta primeira experiencia de participación cidadá, que permitiu trasladar ao Pleno a vontade expresada polos mondaricenses.
💙 Grazas por demostrar que entre todos e todas podemos construír un Mondariz mellor, no que a voz da súa xente sempre conta.
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies