Noticias e alertas

🎶 Unha noite de folclore, amizade e irmandade.

06/06/2026

💠 O pasado sábado, a Praza de España enchíase de música, danza e emoción co II Festival Alborexar. A actuación de O Son do Río, Grupo Folclórico de Danças e Cantares de Sobrosa-Paredes foi un espectáculo que deixou pegada en todos os presentes. 🌿

Pero esta noite tivo un significado especial. Entre o público atopábase o presidente da Cámara de Vila de Sobrosa, cuxa localidade está hermanada con Villasobroso, un vínculo que une as nosas dúas terras máis alá das fronteiras e que se fixo visible unha vez máis nunha noite chea de cultura compartida. 💙

Grazas ao grupo O Son do Río por traernos un anaco de Portugal ao corazón de Mondariz, e grazas a toda a veciñanza que encheu a praza e fixo desta celebración algo verdadeiramente especial. 🙏

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies