05/06/2026
💠 Recibimos a visita de @sportskidsspain e do @pontebike_team nas nosas instalacións, e viñeron cunha noticia moi especial: o noso municipio vai ser sede do Campionato de España de Pumptrack xunto a @pontebike_team. 🏆
Para facelo posible, comezarán nestes días as reformas necesarias nas instalacións co fin de cumprir todos os requisitos esixidos para albergar un campionato de ámbito nacional.
Dende o Concello de Mondariz estamos moi orgullosos de apostar polo deporte xuvenil e de crear oportunidades reais para as novas xeracións. Iniciativas como esta poñen o nome de Mondariz no mapa do ciclismo español. 💚
Grazas a @sportskidsspain e a @pontebike_team por confiar no noso municipio. 🙌
Fuente: Concello de Mondariz
Más InformaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies