Noticias e alertas

📢 Festivos locais 2027

05/06/2026

💠 Dende o Concello de Mondariz queremos contar coa opinión das nosas empresas, comercios, autónomos e veciñanza para escoller os 2 festivos locais do ano 2027.

Porque as decisións importantes tamén se poden tomar escoitando á xente, queremos abrir este proceso de participación para coñecer cales son as opcións que mellor se adaptan á realidade social, comercial e laboral do noso municipio.

👉 Cada persoa poderá escoller 2 opcións entre as propostas que se presentarán na votación.

💻 Para participar habilitarase un sistema de votación online a través dun enlace que publicaremos nas redes sociais e na páxina web do Concello.

📲 Ademais, tamén estará dispoñible un código QR nas dependencias municipais para facilitar a participación de toda a veciñanza.

⏰ O proceso de votación estará aberto dende mañá ata o domingo ás 23:59 horas, co obxectivo de trasladar ao Pleno Municipal do próximo luns a vontade expresada polos veciños e veciñas de Mondariz.

💙 Queremos construír un concello máis participativo, no que a opinión da cidadanía conte e sexa tida en conta.

📢 Estade atentos ás nosas redes sociais e á web municipal, onde mañá publicaremos o enlace de votación.

Porque Mondariz é de todos e todas... e Mondariz merece ser escoitado.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies