Noticias y alertas

📢 Atención veciñanza de Mondariz

10/04/2026

💠 Nos últimos días, moitos veciños e veciñas están a recibir comunicacións relacionadas coa limpeza de fincas e montes, unha medida impulsada pola Xunta de Galicia dentro das accións de prevención de incendios forestais.

Dende o Concello somos conscientes do impacto que isto pode xerar e queremos estar ao voso lado para informar, aclarar dúbidas e acompañar neste proceso.

👉 Por iso, organizamos unha reunión informativa aberta a toda a veciñanza:

📅 Domingo 12

🕣 Ás 20:30 h

📍 Centro Social

(A reunión celebrarase despois dunha actuación de teatro prevista nas mesmas instalacións.)

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/ Nesta ligazón pódese consultar as faixas secundarias do Concello de Mondariz.

💙 Queremos facilitar toda a información necesaria para que cada veciño poida cumprir coa normativa con seguridade e tranquilidade, e entre todos seguir traballando por un Mondariz máis seguro fronte aos incendios.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies