Noticias e alertas

🌍 O Condado Paradanta, presente en FITUR

23/01/2026

🔹Estes días, o GDR Terra e Auga participou en FITUR, un dos principais escaparates turísticos a nivel internacional, levando a identidade, os recursos e o potencial do Condado Paradanta ao mundo.

O alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, foi o encargado de presentar o territorio, poñendo en valor a riqueza natural, cultural e humana da comarca, nunha intervención que destacou a importancia de traballar desde a unión e a cooperación entre concellos.

O acto pechouse coa intervención de Horacio Gil, nunha presentación conxunta que amosou a forza dun proxecto compartido, construído desde o compromiso co desenvolvemento sostible, o turismo de calidade e a identidade local.

Un paso máis para seguir situando o Condado Paradanta no mapa, con voz propia e unha visión común de futuro.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies