22/01/2026
📅 14 de febreiro de 2026 | Toutón
Toutón volverá latexar coa forza da tradición no XXX Serán dos Namorados, unha cita única coa música, a memoria e o encontro arredor da nosa cultura popular.
Un día para honrar ás pandeireteiras que abriron camiño, para recoñecer o traballo colectivo de xeracións enteiras e para celebrar, xuntas e xuntos, unha das manifestacións máis vivas da identidade galega.
Este ano, o Serán segue medrando coa implicación do tecido social e cultural da parroquia, coa colaboración e organización do Concello de Mondariz, reafirmando o compromiso co patrimonio inmaterial e coas tradicións que nos definen como pobo.
Misa, homenaxes, comida popular, corrida do galo, música tradicional e un gran serán final farán de Toutón, un ano máis, un lugar de encontro, respecto e celebración compartida.
🎶 O máis grande do mundo, porque nace da xente.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies