Noticias y alertas

✨👑 Cabalgata de Reis

02/01/2026

🎁✨👑 ¡Prepararvos para unha experiencia máxica e chea de diversión!

A Cabalgata de Reis celebrarase o luns 5 de xaneiro e promete ser un evento inesquecible para todos os que queiran sumarse a esta aventura.

🚂O percorrido máxico fará paradas en Cemar, o Concello de Mondariz Balneario, o Concello de Mondariz e culminará no Pavillón de Mondariz. ¡E o mellor de todo é que o faremos a bordo do tren do Nadal! Pero ollo, que os asentos son limitados, así que ¡reserven a súa praza antes de que se esgoten!

No pavillón teremos unha infinidade de actividades para que todos e todas , sen importar a idade poidan divertirse ao grande.

¡Mirade o que vos espera!👀

  • Saltos e risas nos xogos inchables para os máis pequenos.

  • Unha chocolatada deliciosa para quentar o corazón e endulzar o día.

  • A tradición do Rancho de Reis que non pode faltar.

  • ¡E o emocionantísimo recibimento a Súas Maxestades, os Reis Magos!

Non perdades esta oportunidade única de gozar da maxia e o encanto da tempada do Nadal en comunidade.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies