Noticias e alertas

O CONCELLO DE MONDARIZ COMUNICA

29/12/2025

Comunica con fondo pesar o falecemento de DON JOSÉ GUISADO NOGUEIRA (Kubala)
Cronista Oficial de Mondariz, antigo funcionario municipal e xogador do Mondariz FC, figura fundamental na conservación, estudo e divulgación da memoria histórica do noso concello, labor que desenvolveu ao longo de toda unha vida con entrega, rigor e discreción.

O alcalde, Pablo Barcia, e a Corporación Municipal, xunto cos funcionarios e funcionarias do concello, queren expresar o seu máis sincero pesar polo seu pasamento, así como transmitir á súa familia todo o noso afecto e o agradecemento de todas as veciñas e veciños polo seu compromiso coa cultura local.

Mondariz perde hoxe a un servidor público exemplar e a un cronista que soubo investigar e dignificar a historia da vila, deixando unha obra escrita que permanecerá como legado para as xeracións futuras.

Descanse en paz

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies