05/12/2025
🟢 O vindeiro 9 de decembro ás 16:30 h, a Casa Cultural de Toutón acollerá a xornada final da Rede Labrega Viva, un proxecto de intercambio de coñecementos entre mulleres labregas do rural.
Nesta sesión abordaranse reflexións comúns sobre obradoiros compartidos e o abastecemento de comedores escolares, coa participación de dúas produtoras da Asociación A Levada (Allariz): María Xosé Castro (Mimá) e Manuela Suárez Pozas.
Un encontro pensado para poñer en valor o saber labrego, fortalecer redes entre produtoras e avanzar cara a modelos máis sostibles de alimentación no ámbito escolar.
Casa Cultural de Toutón (Mondariz)
Información e inscricións: 671 31 64 10
Máis información na web de Punto Delas:
https://puntodelas.gal/reflexions-comuns-sobre.../
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies