Noticias e alertas

🟣 25N en Mondariz: unidade, respecto e compromiso

25/11/2025

💜 Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Mondariz celebrou un acto institucional no que se leu o manifesto oficial e se gardou un minuto de silencio en memoria de todas as vítimas desta lacra.

Ao acto asistiron membros da corporación local, así como usuarios, usuarias e profesionais do Centro de Día, persoal traballador do Concello e numerosas persoas da nosa veciñanza, que quixeron sumarse a este momento de reflexión e compromiso colectivo.

🟣 Mondariz di NON á violencia machista.

🟣 Mondariz lembra e acompaña.

🟣 Mondariz avanza cara a unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies