24/11/2025
💜O Concello de Mondariz convida a toda a veciñanza a participar mañá, martes 25 de novembro ás 12:00 h, na lectura do manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que terá lugar diante do edificio do Concello.
Tras a lectura, realizarase un minuto de silencio en lembranza das vítimas, un xesto colectivo de respecto, memoria e compromiso fronte a esta lacra que seguimos combatendo día a día.
👉 Animamos a todas as persoas que o desexen a achegarse e acompañarnos neste acto institucional.
Xuntas e xuntos, por un Mondariz máis seguro, igualitario e libre de violencia. 🟣
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies