21/11/2025
🥗 O pasado venres 14 de novembro, ás 19:00 h, celebramos na Praza de Abastos a entrega de premios do Mondarincho 2025, un evento onde tamén se realizou o sorteo entre todas as persoas participantes desta edición.
🏆 Premio ao Mellor Pincho 2025
Este ano o recoñecemento foi para Casa Couto, que se fixo co galardón ao Mellor Pincho do Mondarincho 2025. Noraboa polo traballo, polo sabor e pola creatividade!
🎁 Parabéns ás persoas premiadas, que xa poden desfrutar dos seus premios nos distintos establecementos do Condado.
🙌 O Concello de Mondariz quere agradecer a colaboración de todos os locais adheridos, que fan posible esta iniciativa que dinamiza o comercio local e crea vida nas rúas.
Grazas a todas e todos por formar parte dunha nova edición do Mondarincho.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies