Noticias y alertas

⚠ ALERTA LARANXA POR CHOIVAS INTENSAS ⛈️

05/11/2025

⛈️ A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activa unha alerta laranxa por fortes choivas que afectará ás provincias da Coruña (suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño).

🌧 Prevese que a precipitación acumulada poida acadar os 30 mm nunha hora, polo que se recomenda extremar as precaucións.

👉 Dende o Concello de Mondariz pedimos á veciñanza que adopte medidas preventivas:

Evitar desprazamentos innecesarios.

Non achegarse a zonas de ríos, regatos ou lugares propensos a inundacións.

Revisar canalóns e sumidoiros para evitar obstrucións.

En caso de emerxencia, chamar ao 112.

Mantédevos informados a través dos canais oficiais:

🔗 www.aemet.es

🔗 www.axega112.gal

🔗 www.meteogalicia.gal

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies