Noticias e alertas

💧 Comezan as obras de abastecemento en Boente!

31/10/2025

🔹 Esta actuación supón o inicio dunha proba piloto pioneira en Mondariz, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia, coa que poñeremos en marcha a dixitalización e modernización do servizo municipal de auga.

📍 A traída situada en Gargamala pasará de ser un sistema deficitario, sen contadores nin control, a converterse nun modelo moderno e eficiente, dotado de contadores dixitais e software avanzado capaz de detectar fugas, consumos anómalos e incidencias do día a día.

Esta mellora permitirá un mellor aproveitamento do recurso máis valioso que temos: a auga, garantindo un consumo responsable e un servizo de calidade.

💧 Mondariz avanza cara un futuro máis sostible, innovador e comprometido coa xestión responsable da súa auga.

Mondariz#5001

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies