16/10/2025
馃搮O pasado 5 de outubro, o pavillón do Ensanche de Ferrol acolleu o Campionato Galego de Grappling, puntuable para o Campionato de España, con récord de participación: 160 deportistas e 12 clubs federados.
O Club Alakrám Vermelho, filial do Club Independiente Vigo (@independiente_grapping_mma), obtivo uns excelentes resultados:
馃Medalla de ouro para Héctor Puentes Fernández (Twister), veciño de Mondariz, na categoría 84 kg máster A (veterano).
馃Medalla de bronce para Diego Antelo, na categoría +100 kg sénior.
O club, dirixido por David Pichel, conta cun destacado palmarés e cun grupo de deportistas da contorna de Mondariz, Salvaterra e Ponteareas, que adestran actualmente no Bumgym Ponteareas.
Desde o Concello de Mondariz queremos felicitar a todo o equipo polos seus logros e polo labor que fan promovendo o deporte, a disciplina e o respecto entre a mocidade.
O deporte é tamén unha ferramenta para crecer en valores.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estad铆sticos sobre h谩bitos de navegaci贸n. El uso de cookies es necesario para la notificaci贸n de incidencias. Si contin煤a navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener m谩s informaci贸n, o bien conocer c贸mo cambiar la configuraci贸n, en nuestra Pol铆tica de cookies