Noticias e alertas

🥋 Mondariz no Campionato Galego de Grappling!

16/10/2025

📅O pasado 5 de outubro, o pavillón do Ensanche de Ferrol acolleu o Campionato Galego de Grappling, puntuable para o Campionato de España, con récord de participación: 160 deportistas e 12 clubs federados.

O Club Alakrám Vermelho, filial do Club Independiente Vigo (@independiente_grapping_mma), obtivo uns excelentes resultados:

🥇Medalla de ouro para Héctor Puentes Fernández (Twister), veciño de Mondariz, na categoría 84 kg máster A (veterano).

🥉Medalla de bronce para Diego Antelo, na categoría +100 kg sénior.

O club, dirixido por David Pichel, conta cun destacado palmarés e cun grupo de deportistas da contorna de Mondariz, Salvaterra e Ponteareas, que adestran actualmente no Bumgym Ponteareas.

Desde o Concello de Mondariz queremos felicitar a todo o equipo polos seus logros e polo labor que fan promovendo o deporte, a disciplina e o respecto entre a mocidade.

O deporte é tamén unha ferramenta para crecer en valores.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies