Noticias y alertas

💃 Encontro: Comunidades e PCI – As Danzas Brancas

13/10/2025

🔹 O venres 17 de outubro, o Centro Social de Mondariz acollerá un encontro dedicado ás danzas brancas ou gremiais, unha das tradicións máis antigas e simbólicas do noso patrimonio inmaterial.

🕠 Horario: de 16:30 a 20:00 h

📍 Centro Social de Mondariz (Rúa Miguel Ángel Blanco, 1)

🎟 Entrada libre e gratuíta

Durante a xornada abordarase a orixe e evolución destas danzas, a súa transmisión xeracional e o papel das comunidades na súa preservación.

🔹 Participarán especialistas como Luís Costa (UVigo), Carme López (USC) e Eutropio Rodríguez, así como representantes das danzas de Riofrío e Mouriscados (Mondariz), Guláns, Redondela, Marín, Xuvencos e Cervela.

🔸 O encontro rematará cunha actuación musical do Rancho de Reis de Riofrío.

Un espazo para coñecer, valorar e celebrar o noso patrimonio cultural vivo, símbolo da identidade galega e da forza das nosas comunidades 💙

Organiza: Consello da Cultura Galega

Colabora: Concello de Mondariz

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies