10/10/2025
🎭 Volve o Teatro en Mondariz!
O vindeiro 𝐬á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 𝐚𝐬 𝟐𝟐:𝟎𝟎 𝐡, o 𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐳 acolle a representación teatral "𝐃𝐞 𝐚𝐥𝐠𝐨 𝐡𝐚𝐢 𝐪𝐮𝐞 𝐦𝐨𝐫𝐫𝐞𝐫", da compañía galega Malasombra Producións.
Un espectáculo con moito humor —do que fai rir e tamén, por veces, chorar de risa— que reflexiona con retranca sobre un tema que nos afecta a todas as persoas: 𝐚 𝐦𝐨𝐫𝐭𝐞.
Dous científicos tan brillantes como peculiares, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, respostan con moita sorna algunhas das grandes preguntas da humanidade:
Que pasa cando morremos?
Hai túnel? Hai luz? Hai lista de espera?
Que teñen en común Carrero Blanco, John Lennon ou Paquirri?
Unha comedia irreverente e intelixente, para rir... e para pensar.
𝐀𝐮𝐝𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐳
𝐒á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨
𝟐𝟐:𝟎𝟎 𝐡
𝐄𝐧𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐛𝐚𝐥𝐝𝐞 𝐚𝐭𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐭𝐚𝐫 𝐚𝐟𝐨𝐫𝐨
𝐄𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭á𝐜𝐮𝐥𝐨 𝐝𝐢𝐫𝐢𝐱𝐢𝐝𝐨 𝐚 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐨. 𝐑𝐞𝐜𝐨𝐦𝐞𝐧𝐝𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐞 𝟏𝟒 𝐚𝐧𝐨𝐬.
Actividade incluída no programa +Escénicas da Deputación Pontevedra.
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies