Noticias y alertas

Un novo mirador en Mondariz

19/08/2025

🌄✨ Mondariz suma un novo recuncho cheo de emoción e significado: o Mirador de Inma.

Non é só un lugar dende o que contemplar unha das paisaxes máis fermosas do noso concello. Este mirador nace dunha historia que nos conmociona a tod@s, dunha perda que deixou un baleiro enorme… pero que tamén se converteu en forza, recordo e exemplo de como transformar a dor en algo que inspira e que une.

💙 O Mirador de Inma é, ante todo, un lugar de memoria e homenaxe. Un espazo onde parar, respirar e sentir, que nos lembra que as persoas que queremos seguen vivas en nós a través das súas lembranzas e do que deixan no camiño.

🌿 É un mirador privado, pero aberto a toda a xente, porque así o querría Inma. Porque este é o mirador de todos, un espazo compartido que honra a súa memoria e que nos invita a vivir e sentir en comunidade.

🙏 A nosa máis sincera noraboa pola iniciativa. Grazas por compartir con Mondariz este proxecto que non só embelece o noso pobo, senón que tamén lle dá unha nova alma.

👣 Agardamos que moita xente se achegue ata este mirador, porque é digno de ver… pero sobre todo é digno de sentir.
Un lugar que xa forma parte da nosa identidade e que, sen dúbida, se converterá nunha parada obrigada para veciños, visitantes e para todo aquel que queira conectar coa beleza da nosa terra e coa forza dunha historia que chega ao corazón.

Fuente: Concello de Mondariz

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies