07/08/2025
β¨ Charlatán Rodríguez chega a Mondariz este sábado 9 de agosto para presentar o seu novo espectáculo Rendos Pequeno.
Neste novo proxecto teatral un charlatán chega ao pobo coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e o seu posto de venda repleto de remedios para todos os males.
Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura na súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.
Non se deixen confundir: truhanes hainos a mancheas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.
INFORMACIÓN DO EVENTO:
Sábado 9 de agosto
20:30 h
Praza de España – Mondariz
Actividade de balde
Público familiar
Un plan perfecto para gozar en familia e encher a Praza de España de risas, músicas inventadas e pequenas grandes ilusións.
Organiza: Concello de Mondariz
Fuente: Omix Mondariz
MΓ‘is informaciΓ³nCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadΓsticos sobre hΓ‘bitos de navegaciΓ³n. El uso de cookies es necesario para la notificaciΓ³n de incidencias. Si continΓΊa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mΓ‘s informaciΓ³n, o bien conocer cΓ³mo cambiar la configuraciΓ³n, en nuestra PolΓtica de cookies