06/08/2025
📣 A tradición volve a Mouriscados!
Os días 15 e 16 de agosto celebramos as Festas do Socorro e San Roque, organizadas pola Asociación Cancarelas de Mouriscados, coa colaboración da xuventude de Mouriscados, o Concello de Mondariz e a Deputación de Pontevedra.
✨ Non perdas:
🕊 As Danzas Brancas
⚔️ A tradicional representación do Mouro e o Cristián
🎶 Música en directo con Cancarelas de Mouriscados, Pandereiteiras de Mouriscados, Os Curtos Folk, Bivalvis, sesión vermú e guateque
🎉 Merenda veciñal, xogos, queimada e sorteo dunha paleta de xamón e moitas máis sorpresas!
Un cartel diverso e espectacular para que ninguén se aburra. Dúas xornadas para compartir cultura, música e comunidade nun ambiente único.
📍 Vémonos en Mouriscados!
Segue a @cancarelasdemouriscados en Facebook e Instagram para máis info!
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies