Noticias e alertas

👵👴 Comida dos Nosos Maiores 2025

29/07/2025

💙 No Concello de Mondariz queremos homenaxear á nosa xente maior cunha xornada moi especial que mestura natureza, tradición, boa comida e moita alegría. Porque eles son a memoria viva da vila, os que coidaron de nós e merecen o mellor.

📅 Cando? Domingo 10 de agosto

📍 Onde? Na fermosa contorna da Praia do Val

💶 Prezo? Só 12 € por persoa

🎉 Programa do día:

🕛 12:30 h – Sesión Vermú
Comezamos cun bo petisco de empanada e xamón, amenizado polo grupo Cancarelas de Mouriscados, que nos fará bailar e lembrar vellos tempos entre risas e brindes.

🍽️ 14:00 h – Comida
Sentámonos á mesa para desfrutar dun menú delicioso con polbo, churrasco e sobremesa, todo acompañado da música en directo do Dúo Salsa Costas, que nos traerán ritmo e emoción para continuar a festa.

📌 Inscricións abertas:

🗓️ Do 29 de xullo ao 6 de agosto

📍 No Concello de Mondariz
🕘 De 9:00 h a 14:00 h
📞 Máis info: 986 66 43 06

Organiza: Concello de Mondariz
Colaboran: Asociacion de veciños Xabriña , Aguas de Mondariz Deputación de Pontevedra.

🌳 Un día para reencontrarse, para agradecer, para gozar xuntos nun ambiente familiar e festivo. Unha festa pensada para vós, os que facedes de Mondariz un lugar cheo de historias, sabedoría e corazón.

Fuente: Concello de Mondariz

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies