22/07/2025
O próximo venres 25 de xullo, Mondariz celebrará o día de Galiza co acto da "๐น๐๐๐ ๐๐๐๐๐ ๐ ๐ ๐๐๐๐๐ ๐ด๐๐๐๐๐๐๐ ๐ ๐ ๐ฎ๐๐๐๐๐๐๐๐. ๐ช๐๐๐๐๐๐๐ ๐ ๐ ๐๐๐๐ ๐๐๐๐๐ ๐๐๐๐" da etnomusicóloga Xulia Feixoo e o floclorista Guillerme Inácio Costa publicado no ano 2017, adicado ás músicas de tradición oral da parroquia de Gharghamala. A través dun profundo traballo etnográfico, o libro recolle en audio 44 cantares transmitidos de xeración en xeración, así como a urdime cultural na que estes eran interpretados, na voz das nosas protagonistas.
Oito anos despois, celebramos a súa reedición como unha oportunidade para poñer en valor este patrimonio inmaterial e agradecer, unha vez máis, a xenerosidade das mulleres que o fixeron posible. A reedición do libro convida a botar a vista atrás e lembrar o camiño compartido: a emoción das presentacións, os encontros musicais, o recoñecemento e a complicidade xerada entre veciñanza, investigadoras e lectoras.
A xornada comezará coa charla "Revisitando as mestras: oito anos de mulleres de Gharghamala" a cargo dos autores e a continuación o ambiente encherase de ritmo e tradición coa actuación das "Pandeireteiras de Gargamala".
Este evento no Día de Galicia é unha invitación aberta a veciños e visitantes de Mondariz para unirse a esta celebración que aúna memoria, cultura e tradición.
Non o perdas!
Venres 25 de xullo
20:00 h. Charla "Revisitando as mestras: oito anos de mulleres de Gharghamala".
21:00 h. Actuación "Pandeireteiras de Gargamala".
Auditorio Municipal
Fuente: Omix Mondariz
Mรกis informaciรณnCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadรญsticos sobre hรกbitos de navegaciรณn. El uso de cookies es necesario para la notificaciรณn de incidencias. Si continรบa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mรกs informaciรณn, o bien conocer cรณmo cambiar la configuraciรณn, en nuestra Polรญtica de cookies