12/07/2025
🍛O alcalde Pablo Barcia e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinaron o convenio que incorpora Mondariz ao programa Xantar na Casa, unha iniciativa da Xunta de Galicia que garante unha alimentación saudable e equilibrada durante toda a semana para persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade.
👵🏼👴🏼 Nesta primeira fase, dez veciños e veciñas da vila poderán beneficiarse deste servizo que ofrece menús completos para os 7 días da semana, incluídos os festivos, entregados directamente nos seus fogares.
💶 O custo do menú é de 7,32 €, dos cales:
Xunta de Galicia aporta 3,42 €
Concello de Mondariz 1,95 €
Persoa beneficiaria 1,95 €
🧊 Ademais, o programa tamén facilita neveira e microondas para os fogares que non conten con estes electrodomésticos.
Un paso máis cara o coidado das persoas que máis o necesitan no noso municipio 🤝
Fuente: Concello de Mondariz
Máis informaciónCerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies