11/07/2025
🏁🚦 Este sábado 12 de xullo o motor regresa con forza a Mondariz! Chega o Rallye Sur do Condado – XXI edición e o noso concello forma parte do percorrido oficial!
Toma nota dos horarios e zonas afectadas polo treito Covelo–Mondariz:
Peche do treito: 07:38
1ª pasada pola Praza de Mondariz: 09:08
2ª pasada pola Praza de Mondariz: 13:11
Reapertura ao tráfico: 15:30
Estradas afectadas no Concello de Mondariz:
– PO-261 (desde a Igrexa de Lougares ata a Praia do Ceo)
– EP-4305 (desde a ponte do río Tea ata o Porriño, pasando por Costa Casteláns)
– Praza de España e rúa Concepción Arenal: pechadas de 07:30 a 15:00 h
Lembra: entre pasada e pasada non se abrirá o treito ao tráfico.
Consulta o mapa completo do percorrido aquí: Ver mapa en Google Maps
Achégate a vivir a emoción dos mellores pilotos no corazón de Mondariz… con seguridade e respecto polas normas!
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies